Poema composto (non por min) para min
O teatro é unha aventura
entre a vida e a morte,
senón é un risco... é un fracaso
decía Peter O'Toole,
pero aqueles que sabemos
que a aventura é vivir
para combatir a morte
sabemos que o teatro,
como toda arte é inútil.
Así que conserva
a túa mirada limpa
para que a morte non
te acaricie,
e a luz das máscaras amigas
sexan propicias para o teu sorriso
e o teu corazón.
Non abandoes xamáis
a lúa que sangra cada noite
por un guiño da túa alma.