miércoles, diciembre 27, 2006

Poema composto (non por min) para min

O teatro é unha aventura
entre a vida e a morte,
senón é un risco... é un fracaso
decía Peter O'Toole,
pero aqueles que sabemos
que a aventura é vivir
para combatir a morte
sabemos que o teatro,
como toda arte é inútil.
Así que conserva
a túa mirada limpa
para que a morte non
te acaricie,
e a luz das máscaras amigas
sexan propicias para o teu sorriso
e o teu corazón.
Non abandoes xamáis
a lúa que sangra cada noite
por un guiño da túa alma.

14 Comments:

At 2:15 p. m., Anonymous Anónimo said...

un poema é sempre un bonito agasallo.

 
At 2:36 p. m., Blogger Marinha de Allegue said...

Un agasaio sempre é motivo de ledicia e se é un poema e ainda por riba adicado, mellor que mellor.

Unha aperta.
:)

 
At 8:26 p. m., Anonymous Anónimo said...

Desfruta de cada un deses versos para ti, un agasallo de Nadal ben lindo, agarimoso e lírico. Eu, como che pasa a ti, o único que me gusta do Nadal, son as lembranzas de infancia.
Un bico nena
Y (moralla)

 
At 3:02 a. m., Blogger torredebabel said...

persoas especiais son as que atopan este tipo de agasaios na vida. Parabens!

 
At 10:01 a. m., Blogger Seoman said...

Que bonito agasallo o que che deron. Merecelo.
Un saudo e felices lembranzas

 
At 12:13 p. m., Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Que sorte que che escriban poemas. A min nin amiña moza mos escribe.

 
At 1:58 p. m., Anonymous Anónimo said...

bueno, á marxe de valorar o texto, para o cal estou tan incapacitado como para dar misa, é sen dúbida un fermoso detalle. tes sorte, norabóa, :)

 
At 10:01 p. m., Blogger paideleo said...

Que sigas desfrutando do teatro e que che adiquen mais poemas. Por certo, na primeira linha semella faltar unha negacion.
Un saudo.

 
At 11:37 p. m., Blogger Ra said...

Buen regalo, y mejor inspiración.

 
At 2:27 p. m., Blogger Arale Norimaki said...

Pois xa sabes, non abandoes xamáis esa lúa nin a aventura do teatro. Fermoso agasallo. Bo 2007!!

 
At 5:36 p. m., Anonymous Anónimo said...

Boa mensexa para rematar o ano.

 
At 4:15 p. m., Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Sortee moita paciencia co seu doutoramento: iso si que é unha carreira de fondo.

 
At 3:00 a. m., Blogger Lúa said...

fermoso poema e fermosa frase final.
bicos!!!

 
At 1:59 p. m., Anonymous Anónimo said...

Boto de menos máis posts dos teus
FELIZ ANO 2007
moralla

 

Publicar un comentario

<< Home