Donde la lluvia es arte...
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
F. García Lorca (Seis poemas galegos, 1935)
http://www.youtube.com/watch?=3JQnIPv3n7s
8 Comments:
Madre mía, casi lloro...que encontronazo de sensaciones en un mismo trocito.Precioso.
é arte é... moi fermoso poema...
Unha aperta.
:)
que imaxen tan pero tan apropiada. Fala o mesmo idioma de beleza e de sentimento que o poema... Tamén emocioneime!
Magnífico LORCA. O mellor dos mellores en poesía española, e ata nos deixou versos adicados en galego. Eu tiña pensado poñer un post exactamente igual. Parece compañeira que temos telepatÍA NO MÚNDO MÁXICO DOS BLOGS, que non é tan frío como din, velaiquí unha proba. A miña gran noraboa. Por certo, se che interesa, o 28 de outubro sae un libro de poetas galegos (uns 50) en Edicións Xerais adicado a LORCA (haberá un poema meu). Está adicado a súa primeira estadía en Galiza, que foi en Luga. Un bico empapado dende a pedra compostelá. Y
Por suposto que non esquezo a todos os que nombras na mensaxe que me deixaches, pero ese post quería dedicarllo a Marilar. Unha aperta mollada. Y :-P
A chuvia é moi romántica sempre e cando a vexas desde a fiestra sen sufrila in propria pele. O clima tropical de Compostela nestas dúas últimas semanas foi digno doutras latitudes.
Fermoso, sublime... E máis pra quen está lonxe.
Parabén polo blog
http://eu-e-galiza.blogspot.com
Publicar un comentario
<< Home